Colmeiro, punta seca
Detalles do eventos
Colmeiro, punta seca é un proxecto levado a cabo pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, co financiamento da Xunta de Galicia, no
Detalles do eventos
Colmeiro, punta seca é un proxecto levado a cabo pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, co financiamento da Xunta de Galicia, no que se expoñen corenta e oito gravados de Colmeiro, datados entre 1937 e finais dos anos corenta, xunto ás matrices orixinais de cobre e cinc. O proxecto está comisariado por Xoán Pastor Rodríguez, director da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital, e o historiador e crítico de Arte Xosé Carlos López Bernárdez.
A obra é moi significativa do exilio de Colmeiro en Bos Aires, no que, cunha figuración neoclásica, na que se poden apreciar influencias do Picasso de Suite Vollard e tamén de Cézanne, Colmeiro plasma a súa particular mirada cargada de referencias a Galicia cunha certa idealización que inscribe estas obras na figuración de entre guerras. Temas como a muller, o traballo ou a visión bucólica da parella nunha paisaxe de reminiscencias mitolóxicas, nos descobren a faceta pouco coñecida dun Colmeiro gravador.
Ata o 30 de xuño
De luns a venres de 18:00 a 21:00
Sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Domingos de 12:00 a 14:00
Máis
Hora
Marzo 19 (Martes) 18:00 - Xuño 30 (Domingo) 21:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes