REVISTA ABRIL

Colmeiro, punta seca

19mar(mar 19)18:0030xuñ(xuñ 30)21:00Colmeiro, punta secaARTE E MUSEOS | De balde(marzo 19) 18:00 - (xuño 30) 21:00(GMT+01:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

Exposición temporal ata o 30 de xuño.

Un proxecto levado a cabo pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, co financiamento da Xunta de Galicia, no que se expoñen corenta e oito gravados de Colmeiro, datados entre 1937 e finais dos anos corenta, xunto ás matrices orixinais de cobre e cinc. O proxecto está comisariado por Xoán Pastor Rodríguez, director da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital, e o historiador e crítico de Arte Xosé Carlos López Bernárdez.

A obra é moi significativa do exilio de Colmeiro en Bos Aires, no que, cunha figuración neoclásica, na que se poden apreciar influencias do Picasso de Suite Vollard e tamén de Cézanne, Colmeiro plasma a súa particular mirada cargada de referencias a Galicia cunha certa idealización que inscribe estas obras na figuración de entre guerras. Temas como a muller, o traballo ou a visión bucólica da parella nunha paisaxe de reminiscencias mitolóxicas, nos descobren a faceta pouco coñecida dun Colmeiro gravador.

Horarios:

Luns 18:00–21:00
Martes 18:00–21:00
Mércores 18:00–21:00
Xoves 18:00–21:00
Venres 18:00–21:00
Sábado 12:00–14:00, 18:00–21:00
Domingo 12:00–14:00

Máis

Hora

Marzo 19 (Martes) 18:00 - Xuño 30 (Domingo) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events