REVISTA NADAL

Medio Maratón de Coia

14set21:00Medio Maratón de CoiaACTIVIDADES DEPORTIVAS | 21,00 €21:00(GMT+02:00) Cristo de la Victoria

Detalles do eventos

O club VIGOrienta retoma a organización do Medio Maratón de Coia, que celebrará a edición número 30 o sábado día 14 de setembro en horario nocturno. A última vez que se celebrou esta proba deportiva, que sae do barrio de Coia en dirección Samil, foi no ano 2007; a partir deste ano deixouse de realizar por problemas de saúde do organizador.
Os alicerces desta competición están no ano 1978, época na que moita xente se instalou neste barrio vigués. Para dar un aliciente ás familias creouse esta carreira, que nun principio só contaba con seis quilómetros de lonxitude. O circuíto foi ampliado en 1990, pero non foi aprobado pola Federación Galega ata a XVIII edición. Foi no 2002, cando se estableceu o percorrido que continúou ata a XXIX edición, e que se recupera neste 2024.
Os deportistas deberán percorrer 21.097 quilómetros desde a Asociación Veciñal Cristo da Victoria ás 21:00 h e atravesarán a Avenida Castelao, Avenida Europa, Avenida Samil e distintas rúas de Coia e As Travesas. O perfil desta carreira é complicado e moi esixente dende o inicio. Deste xeito, a preparación psicolóxica dos participantes terá un papel importante no control do efecto que producirán os continuos altibaixos. Desde que esta competición xurdiu como carreira popular en 1978, foron moitos os corredores ilustres que anotaron o seu nome no récord de Medio Maratón de Coia. Ademais de Elías Domínguez, o récord está en mans do vigués Alejandro Gómez, cun tempo de 1 hora 8 minutos e 50 segundos que conseguiu no 2004.
As inscricións na proba teñen un custe de 21,00 € e están abertas ata o 8 de setembro a través da web de Champion Chip Norte.

Máis

Hora

14 setembro, 2024 21:00(GMT+01:00)

Localización

Cristo de la Victoria

Coia. c/ Redondela, 6, bajo Coia 36209 Vigo

Other Events