
Detalles do eventos
— Intervén: Ignacio Morgado (catedrático de Psicobiología no Instituto de Neurociencias e na Facultade de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona) o mércores 29 de setembro ás 8
Club Faro: 'La apasionante historia del conocimiento del cerebro'
— Intervén: Ignacio Morgado (catedrático de Psicobiología no Instituto de Neurociencias e na Facultade de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona) o mércores 29 de setembro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/Príncipe, 54).
— Presenta: Avelino Muleiro (catedrático de Filosofía).
Aforo restrinxido a 60 persoas polas normas anti- covid.
Por que se tardou tanto en saber que o cerebro é o órgano da mente? Cando se empezou a expor a dualidade corpo/mente? Que mulleres contribuíron ao coñecemento das funcións mentais? Como empezaron a coñecerse as grandes enfermidades neurológicas? Ignacio Morgado, un dos neurocientíficos máis prestixiosos de España, falaranos das ideas e os descubrimentos de filósofos e científicos, como Aristóteles, Galeno, Descartes, Galvani, Von Helmholtz, Ramón y Cajal, Sherrington, Pavlov ou Donald Hebb, que fixeron posible o coñecemento actual do cerebro e a mente humana, e mostraranos tamén os inventos técnicos que deron paso a ese saber, como o microscopio composto, o electroencefalograma e as neuroimágenes modernas.
Máis

(Mércores) 20:00