CAMELIAS NADAL

Club Faro: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”

13xan20:00Club Faro: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT-11:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O pasado mes de novembro dedicamos o tema central da revista A Movida a falar do fenómemo da novela negra viguesa. Nesa reportaxe falabamos dos inicios deste xénero en Galicia e dunha prolífica xeración de autores que poderíamos encaixar nesta liña. Nesta ligazón podedes acceder á revista de novembro, na que atoparedes a reportaxe.

O mércores no Club Faro haberá un coloquio arredor da pregunta ‘Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?’

Interveñen: Arantza Portabales (escritora) e Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia; escritor), o mércores, día 13 de xaneiro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54).

— Presenta: Tamara Novoa (directora e editora de A Movida de Vigo)

Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.

Máis

Hora

13 xaneiro, 2021 20:00(GMT-11:00)