REVISTA ABRIL

Club Faro: Damián Mollá

17set20:00Club Faro: Damián MolláACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

“A mitoloxía que non sabías que sabías. Aprender e entender a cultura clásica”
Intervén: Damián Mollá (guionista; monologuista; actor e cantante; colaborador de “El Hormiguero”) o venres, día 17 de setembro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO ( C/ Príncipe, 54).

-Presenta: Nuria Sáinz (xornalista).

Aforo restrinxido a 60 persoas polas normas anti- covid.

Por que Setembro non está na SEPTima posición, nin Outubro en laOCTava? Por que dicimos orientarnos, se o que buscamos é o Norte, e non Oriente? Por que no Belén o Neno Jesús está espido en pleno decembro,co frío que debía facer? A orde mundial está chea de erros tremendos dos que nin sequera nos decatamos. Simplemente, aceptamos as cousas como son sen darlle máis voltas.Pero a Historia non contaba con Damián Mollá (Madrid, 1980), autor de “Oh, my God!”, o colaborador de “El Hormiguero” que todo llo pregunta. Aproveitando o peche da pandemia, Damián púxose a tentar resolver algunhas destas dúbidas, e no camiño atopouse con infinidade de sorpresas.

Máis