Circo de Nadal
Detalles do eventos
Está a escurecer e ando sen rumbo. De súpeto, levanto a vista e sorpréndeme ao ver un enorme edificio vello. Onde estou? Cal será este antigo lugar? Un
Detalles do eventos
Está a escurecer e ando sen rumbo. De súpeto, levanto a vista e sorpréndeme ao ver un enorme edificio vello. Onde estou? Cal será este antigo lugar? Un almacén? unha fábrica? Polas fiestras sae un doce cheiro a… pan! pan recén feito! e quente! As chemineas fuman e hai o forte ruxido das máquinas, pero é un ruído estrañamente agradable, coma se as poleas e os engrenaxes bailasen xuntos ao ritmo do Nadal.
De súpeto escoito un “clin!” e cae o silencio, todo dentro detense por un momento e as luces tintinean, ¡como se o tempo se conxelara! Que foi todo isto? Que pasará alí dentro?
Se queres sabelo, terás que vir á nosa particular Panificadora, no Circo Nadal. Así podes coñecer aos curiosos personaxes que se esconden dentro. Quizais necesiten a túa axuda para resolver este enigma máxico. Estás listo? Só fai falta ganas, ilusión e o mellor dos teus sorrisos
O Circo de Nadal, este ano conta a historia dunha panadería en apuros, e que mellor localización para contar esta historia que a gran Panificadora de Vigo. Unha boa forma de contextualizar unha historia fantástica nun escenario local e achegar ao público á historia recente da nosa cidade.
Cun elenco formado por 15 artistas con acróbatas, malabaristas, funambulistas e pallasos de Madrid, Italia, Brasil, Arxentina e Vigo. Unha historia que pretende conxugar a maxia do circo e do Nadal, para facer gozar ao público en xeral.
Do 2 de decembro ata o 8 de xaneiro
Entradas á venda en www.ataquilla.com
Máis
Hora
2 decembro, 2022 - 8 xaneiro, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Carpa Av. Castelao
Av. de Castelao Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes