Cinema mulleres
11dec17:30Cinema mulleresACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+01:00) MARCO
Detalles do eventos
O Museo MARCO de Vigo acollerá os días 11 e 18 de decembro unha novidosa iniciativa impulsada pola Deputación para reivindicar o papel da muller na produción audiovisual.
Detalles do eventos
O Museo MARCO de Vigo acollerá os días 11 e 18 de decembro unha novidosa iniciativa impulsada pola Deputación para reivindicar o papel da muller na produción audiovisual. Trátase de Cinema Mulleres, un ciclo de cinema feminista promovido pola institución en colaboración co Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo e co Museo MARCO que pretende visibilizar, reflexionar e debater con perspectiva de xénero no cinema, vencellando dous contextos socioculturais tan diferentes como próximos: Galicia e Arxentina. O ciclo será aberto á cidadanía que pode inscribirse xa no enderezo participa.cultura@depo.es
Cinema Mulleres trátase dun “canto á sororidade “ que pretende construír coñecemento compartido e fomentar pensamento crítico sobre a desigualdade de xénero no cinema, reflexionando a partir da produción audiovisual galega e
arxentina feita por mulleres.
O ciclo arrancará o sábado 11 de decembro ás 17.30 horas coa proxección das curtametraxes: Xoves de comadres (2020) da galega Noemí Chantada, Sola en Purmamarca (2014) da arxentina Carolina Zarzoso Paoloni. Ao seu remate será a quenda da longametraxe Mujeres de la mina (2014) da tamén arxentina Loreley Unamuno e, a continuación, terá lugar un coloquio coas tres directoras que dialogarán de xeito participativo co público que se achegue ata o MARCO.
No caso do sábado, 18 de decembro, terá lugar a proxección da curtometraxe Trabajadoras del transporte (2020) da arxentina Verónica Pérez e da longametraxe Nación (2020) da galega Margarita Ledo. Tralo visionado das películas terá lugar novamente un coloquio coas directoras.
Tanto na xornada do 11 de decembro como na do 18 tamén se poderán ver anuncios con perspectiva de xénero.
Máis
Hora
11 decembro, 2021 17:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes