
Detalles do eventos
Director: Xurxo Chirro Ano: 2019 Duración: 69 min Xénero: Documental Sinopse: Xurxo Chirro establece en De barrio un novo diálogo coa historia a través da figura
Filmoteca: 'De barrio' de Xurxo Chirro
Director: Xurxo Chirro Ano: 2019 Duración: 69 min Xénero: Documental
Sinopse:
Xurxo Chirro establece en De barrio un novo diálogo coa historia a través da figura de Benedicta Rodríguez, unha veciña de A Cruzada, o barrio natal do mesmo cineasta. En 1999, Gustavo González, irmán de Chirro, realízalle unha entrevista a Benedicta; do seu poderoso relato extráense as lembranzas dunha muller xa anciá que conserva toda a súa lucidez. Oito anos despois, Xurxo Chirro grava a Benedicta no seu fogar; recibindo o constante agarimo da súa filla e rodeada das fotografías que testemuñan a súa vida, a muller descansa na súa cadeira sen dar sinal algunha de consciencia. Xogando cos contrastes que provoca o paso do tempo, De Barrio introdúcenos nunha vivenda familiar en dous tempos distintos, pero de xeito simultáneo, amosando nun só plano esa dicotomía tan inherente ao ser humano que é a de fortaleza fronte a fraxilidade. Así e todo, a historia de Benedicta é só o punto de partida para amosar unha panorámica da memoria colectiva desde unha perspectiva humana e costumista.
Máis
(Xoves) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra