
Detalles do eventos
A programación de Cineclub Lumiére do mes de maio chega baixo a temática ‘Asuntos de familia’. Son 4 filmes, proxectados cada luns ás 20:00h no Auditorio Municipal do
Cineclube Lumière: 'A lección de alemán'
A programación de Cineclub Lumiére do mes de maio chega baixo a temática ‘Asuntos de familia’. Son 4 filmes, proxectados cada luns ás 20:00h no Auditorio Municipal do Concello, en versión orixinal subtituladas en castelán.
Prezo socios: 5€
Prezo non socios: 6€
Bono 5 películas: 16€
Cota anual: 19€
‘A lección de alemán’ (Deutschstunde) de Christian Schwochow (2019)
Un neno illado, o seu autoritario pai, comisario de policía nunha vila costeira, e o pintor Max Ludwig Nansen (personaxe de ficción inspirado nos artistas expresionistas rexeitados e considerados “enfermizos e dexenerados”). O filme, baseado na novela homónima de Siegfried Lenz, plasma a represión artística que houbo silenciando e ameazando a artistas que seguían as vangardas modernas no réxime nacionalsocialista.
Luns 3 ás 20:00
PROGRAMACIÓN
- Luns 3: ‘A lección de alemán’
- Luns 10: ‘A derradeira primavera’
- Luns 24: ‘Un conto de tres irmáns’
- Luns 31: Filme sorpresa
Máis

(Luns) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra