Cineclub Lumière: 'Cadejo blanco'
Detalles do eventos
Ciclo de decembro: “AMÉRICA: NOVAS OLLADAS”Na labor de dar visibilidade ós cines máis agochados e ós países con menor tradición cinematográfica facemos este ciclo. Historias de baixos
Detalles do eventos
Ciclo de decembro: “AMÉRICA: NOVAS OLLADAS”
Na labor de dar visibilidade ós cines máis agochados e ós países con menor tradición cinematográfica facemos este ciclo. Historias de baixos orzamentos e inspiradas nas vivencias de personaxes reais que retratan situacións de impotencia ante o desamparo social. Producións de apreciable nivel estético, de relatos sinxelos, con intérpretes pouco coñecidos e, na meirande parte, non profesionais.Cada cineasta manexa olladas particulares, sen complexidades conceptuais, nas que amosan profundidades psicolóxicas espidas que falan da responsabilidade individual e a disciplina da vontade.
“Cadejo blanco”, cun elenco actoral case sen experiencia previa e moita da xente integrante de bandas, Justin Lerner fai un retrato rotundo da vida na cidade guatemalteca de Porto Barrios. No filme propón unha reflexión sobre a lóxica que rixe o funcionamiento das bandas, fuxindo de maniqueísmos e ofrecendo unha gran capacidade para xerar empatía.
SINOPSE
Baseado en feitos reais.
Unha moza de Guatemala desaparece dun día ao outro. A irmán inicia un seguimento á ex parella que móvese polas maras máis perigosas da cidade.
Significado de Cadejo: Animal fantástico, cuadrúpedo, semellante a un lobo, que segondo a tradición popular, se aparece na rúa durante a noite a algunhas persoas para asustalas ou levalas.
Máis
Hora
12 decembro, 2022 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes