Cineclub Lumière: 'A flor do Burití'
Detalles do eventos
FAMILIA: TRADICIÓNS E COSTUMES Neste ciclo presentamos filmes que narran como é medrar en comunidades pequenas que manexan unha ampla resistencia e inventiva frente
Detalles do eventos
FAMILIA: TRADICIÓNS E COSTUMES
Neste ciclo presentamos filmes que narran como é medrar en comunidades pequenas que manexan unha ampla resistencia e inventiva frente á adversidade. Ritos ancestrais e conexións profundas orientan as vidas destas familias que, cadansúa ao seu xeito, tratan de protexer e manter vivas, loitando constantemente xeración tras xeración pola súa liberdade. Inxenio e perseverancia a partes iguais ante os constantes desafíos.
A flor do Burití, Renée Nader e João Salaviza elaboran un filme no que se mesturan ficción e documental, cuxa motivación reside na necesidade de dar conta tanto dos feitos materiais da vida na comunidade indíxena dos Krahô de Brasil, como da influencia que exercen sobre eles os recordos, as historias e as perspectivas.
Vampira humanista busca suicida, no imaxinario colectivo os vampiros son sempre seres maléficos cun instinto depredador. Que pasaría se un vampiro tivera consciencia dos seus propios actos dende un punto de vista moral? Iso fai a directora Ariane Louis-Seiz, humanizalos: culpas, problemas cotiás e desencontros familiares.
A primera sesión é o vindeiro luns ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello.
XANEIRO CROWRÃ
13 (A FLOR DO BURITÍ) de Renée Nader Messora e Joâo Salaviza
BRASIL/PORTUGAL; 2023; 123′ V.O.S.C.
Máis
Hora
13 xaneiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes