REVISTA ABRIL

Ciclo de outono da OV430: 'A percusión arredor do mundo'

18set20:00Ciclo de outono da OV430: 'A percusión arredor do mundo'CONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A Orquestra de Vigo 430 presenta un novo Ciclo de Outono que acollerá catro concertos entre os meses de setembro e decembro.

O ciclo inaugúrase este sábado 18 de setembro co concerto ‘A percusión arredor do mundo’ no que o Ensemble Vigo 430, nesta ocasión formado os percusionistas David Rodríguez, Pablo Soto e Héctor Varela, contará como artista convidado co marimbista Conrado Moya.

O concerto terá lugar ás 20:00h no Auditorio Municipal do Concello. A entrada será gratuíta, pero será necesaria reserva. A mesma poderá formalizarse en reservas@vigo430.com, ata completar aforo. Para quen non poida facerse cunha entrada ou achegarse ao concerto, a OV430 estableceu un acordo de colaboración coa plataforma ‘Tolemias’, e os concertos poderán seguirse en streaming.

PROGRAMACIÓN
– 18 de setembro: ‘A percusión arredor do mundo’
– 24 de outubro: ‘As catro estacións segundo Piazzolla’
– 13 de novembro: ‘Contos de fadas’
– 15 de decembro: ‘Almudaina’

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events