CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Ciclo de Cine & Ópera

04abr19:00Ciclo de Cine & ÓperaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Como todos os anos, volve o ciclo anual de “Cinema & Ópera” en Versión Orixinal Subtitulada que, como é habitual, terá lugar todos os martes de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

4 de abril (19,00 horas)

TENOR (“Tenor”. 2022, Francia)

MB14, Michèle Laroque, Guillaume Duhesme, Roberto Alagna. Director: Claude Zidi Jr.
Mentres traballa como repartidor de sushi, Antoine, un novo aspirante a rapero dos suburbios de París, coñece á Sra. Loiseau, unha eminente profesora da Ópera de París. Asombrada polo talento do novo, ela introdúceo no mundo da ópera e ofrécelle un posto como alumno seu.

11 de abril (19,00 horas)

CARROUSELE NAPOLETANO (“Carrusel Napolitano”. 1954, Italia)

Sophia Loren, Beniamino Gigli, Mira Fiore, Vittorio Caprioli. Director: Ettore Giannini.
En Nápoles, un cantante ambulante xograr que vive coa súa numerosa familia nun vello carromato cando, un golpe de vento, esparexe as súas partituras, cobrando vida sobre un escenario teatral imaxinario os argumentos de cada unha das cancións.

18 de abril (19,00 horas)

LUCIA (“Lucía”. 1988, Reino Unido)

Amanda Boyd, John Osborn, Mark Holland, John Daszak. Director: Don Boyd
Cando os compoñentes dun grupo de ópera escocés escenifican unha produción de ‘Lucia dei Lammermoor’, as súas vidas empezan a reflectir as dos seus personaxes

25 de abril (19,00 horas)

MADAME BUTTERFLY (“Madama Butterfly”. 1932, Estados Unidos)

Cary Grant, Sylvia Sidney, Charles Ruggles, Irving Pichel. Director: Marion Gering
Un oficial americano síntese atraído por unha nova e bela geisha. Película na que, un mozo Gary Grant, asume o rol do tenente B.F. Pinkerton

Máis

Hora

4 abril, 2023 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events