VIALIA
PLAYDOC

Charla sobre Emilia Pardo Bazán

18abr19:00Charla sobre Emilia Pardo BazánACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A EMAO de Vigo continúa achegándonos á historia do Balneario de Mondariz co ciclo “A historia e os seus personaxes” que se desenvolve en 2023 e 2024 con motivo do 150 aniversario da fundación do establecemento termal. Este xoves, ás 19.00 horas, será a quenda dunha muller que converteu a vila termal no seu lugar de recreo e ao que converteu en todo un destino de moda. Falamos Emilia Pardo Bazán, que pola amizade que lle unía a Enrique Peinador, “campo ás súas anchas” polo balneario onde convidada os seus amigos e compañeiros a modo de cuadrilla estival. O técnico de Turismo e moi relacionado coa vila termal pontevedresa, Fernando Souza Caride, será o encargado de desvelar varios dos seus segredos a partir das súas tres paixóns: a cociña, a moda e o amor.

Máis