CAMELIAS NADAL

Charla 'Primeiros hábitos, rutinas e límites'

18set18:00Charla 'Primeiros hábitos, rutinas e límites'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

El Corte Inglés de Vigo planificou un ciclo de charlas informativas para mamás e papás no marco da Feira do bebé. Profesionais sanitarios, nutricionistas e especialistas do Gabinete Arcoiris e Progresa Centro Integral de Saúde en Vigo participarán achegando aqueles temas de actualidade que suscitan o maior interese para as futuras familias.

Primeiros hábitos, rutinas e límites (0-3 anos) será a primeira das 4 charlas e terá lugar mañá mércores 18. Valeria García Flores, directora, pedagoga e especialista en atención temperá do Gabinete Arcoiris, explicará os beneficios de instaurar hábitos e rutinas no fogar desde a primeira infancia, as claves para o éxito no seu desenvolvemento, aspectos para evitar o fracaso, como establecer hábitos e rutinas nas distintas áreas do día a día (alimentación, hixiene, soño, orde…), que pode facer o teu fillo segundo a súa idade? e a importancia dos límites na primeira infancia.

O mércores 25/09 será a quenda da charla sobre Fisioterapia na lactación e alimentación, impartida por Adeli Martínez, fisioterapeuta e osteópata de Progresa Centro Integral de Saúde, que tratará como en ocasións, debido ás compresións no espazo intrauterino, partos prolongados ou instrumentalizados créanse tensións craniais e asimetrías que dificultan un correcto agarre para a lactación. Informará de que factores poden influír na lactación; tortícolis conxénita, plagiocefalia, mal agarre, succión ineficaz, retrognatia, frenillo curto… e da relación de todos eles cos problemas dixestivos que afectan na alimentación infantil.

O luns 30/09 Marta Losada, dietista-nutricionista de Progresa Centro Integral de Saúde, falará sobre Alimentación na primeira infancia (0-3 anos). A formación de hábitos alimentarios saudables debe comezar desde os primeiros anos porque os que se instauran tempranamente tenden a perdurar ao longo da vida. Trataremos a alimentación por etapas, de 0 a 6 meses e de aí ata os 3 anos, explicando como debe ser a introdución de alimentos e recalcando a importancia dunha alimentación variada e equilibrada.

E para finalizar o ciclo, o mércores 9/10, Cecilia Cánepa Gonçalves, psicóloga perinatal e terapeuta de soño infantil do Centro Integral de Saúde Progresa, abordará o Soño infantil. Acompañamento respectuoso do soño de 0 a 3 anos.

As charlas terán lugar no restaurante (planta 7ª), ás 18.00 h. As prazas son limitadas polo que aquelas persoas interesadas poden inscribirse no correo: eventosvigo@elcorteingles.es

Máis

Hora

18 setembro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events