REVISTA FEBREIRO

CHARLA CON FRANCISCO CASTRO

19feb19:30CHARLA CON FRANCISCO CASTROACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O vindeiro mércores 19 de febreiro (19:30 horas) o escritor Francisco Castro ofrecerá, xunto á xornalista María Xesús Argibay, unha charla sobre novela negra, xénero no que se inscribe Últimas noticias de Sara Silva, última novela de Francisco Castro (Roca Editorial). Dous conversadores natos e a literatura do crime e o misterio como tema auguran un acto apaixonante en Évame Oroza. Entrada de balde ata completar aforo.

Últimas noticias de Sara Silva
Sinopse. A famosa escritora de novela erótica Sara Silva aparece colgada no vestiario do ximnasio ao que acudía. Xunto a ela, unha curiosa nota: «Se hai que morrer, ou matar, que sexa por amor». Aínda que a escena presenta todos os indicios dun suicidio, Carlos de la Iglesia, inspector de policía e ex-marido de Sara, sabe que ela nunca faría algo así. Na súa investigación descubrirá que tralo aparente suicidio se oculta un mundo onde a cobiza, o engano, a fama e a vinganza son as protagonistas, e desentrañará un misterio cuxa clave se encontra nun manuscrito desaparecido: a última novela de Sara Silva.

Francisco Castro Veloso (Vigo, 1966) é escritor, editor, analista político e músico. Conta cunha extensa obra, multitude de premios e recoñecementos, e tocou case todos os xéneros, pero onde se sinte máis cómodo é na novela de intriga, que agora está máis de moda que nunca.

Máis

Hora

19 febreiro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events