
Detalles do eventos
A hora dos contos. Caxoto: Unha GALAXIA chea de Letras Galegas. Venres, 12 de maio ás 18:00 h. A hora dos
Caxoto: Unha GALAXIA chea de Letras Galegas
A hora dos contos. Caxoto: Unha GALAXIA chea de Letras Galegas.
Venres, 12 de maio ás 18:00 h.
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Caxoto co seu espectáculo: Unha GALAXIA chea de Letras Galegas. Fracisco Fernández del Riego.
Neste espectáculo para toda a familia Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante estrela Rosalía de Castro e pasará por outros corpos celestiaiss como Castelao, Manuel María, Xela Arias, Cunqueiro… nunha homenaxe da literatura galega a un dos seus máximos benfeitores: Francisco Fernández Del Riego.
Para público infantil dende 3 anos. Aforo limitado
Máis

(Venres) 18:00
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra