REVISTA NADAL

Catalogue + Signora Anido

24out21:30Catalogue + Signora AnidoCONCERTOS | Desde 10,00€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

CATALOGUE naceu en Marsella en 2013. O grupo forma parte do movemento post-punk revival, influenciado pola abundancia musical do post-punk dos anos 80.

Daqueles anos, recollen a mestura de xéneros, a mecánica do baile e a ausencia de límites. Levado por unha obstinada caixa de ritmos, o baixo martillea mentres guitarras, sintetizadores e voces dan forma ás melodías: rock explosivo e new-wave con clase.

A escena marsellesa é extraordinariamente dinámica. Florecen as organizacións de concertos DIY e os selos independentes. O ambiente é bastante propicio e o grupo traza un camiño totalmente independente, tocando con frecuencia, na cidade, pero tamén no resto de Francia e no estranxeiro (EE.UU., XAPÓN, EUROPA). Colaboracións cos selos Relax-O-Matic, Vibrator Records, Crapoulet Records, HVIV e Ganache Records permítenlles producir 2 LPs e un K7, todos esgotados hoxe.

En 2015, a artista Ksenia Khashkovskaia dirixiu un vídeo e en 2018 a banda empezou a colaborar con Emmanuel Lamotte (Erational) que se encarga da identidade visual. Hoxe o trío é un piar da escena underground local, nunha cidade cuxa aura se estende máis aló das fronteiras.

SIGNORA ANIDO
Rafa Anido nacido na Coruña (Galicia), comeza co proxecto musical Signora Anido en 1999, edita desde ese momento 20 gravacións en diferentes formatos ( vinilo 12”, vinilo 10”, CD, cassette) nas que traballa diferentes estilos como punk, garage, electrónica ou experimental.

Rafa participou desde 1995 en numerosos proxectos musicais como Metralletas Lecheras, Travesti Afgano, Jiménez del Oso, ou Iribarnes. Tamén formando parte do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 na Coruña, facendo programas de radio durante a súa etapa universitaria en Radio Kalimero ou Radio Medellín en Santiago de Compostela e involucrándose desde o principio na edición do disco recompilatorio de música underground Galicían Bizarre.

As súas influencias son moi diversas: desde Anthrax, Add n to x ou Animal Collective a Suicide, os Stooges ou o primeiros Siniestro Total.

Máis