Castañas e música para recibir ao Apalpador no Berbés
Detalles do eventos
O Apalpador, ‘Papá Noel galego’, é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a
Detalles do eventos
O Apalpador, ‘Papá Noel galego’, é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a súa profesión é a de carboeiro, polo que vive nos bosques dedicado a fabricar carbón e alimentándose de prantas silvestres e xabarís. Na noite do 24 ou 31 de decembro entraba nas casas, apalpando as barrigas dos nenos e nenas para comprobar que comeran ben, no caso de non encontralos ben alimentados, déixalles unha presada de castañas. Aínda que a personaxe forma parte da tradición precristiana dos Ancares e o Courel, existen iniciativas para recuperalo en toda Galicia.
A Festa e a benvida ao Apalpador será este luns 23 na praza dos ratos, no Berbês. Teremos música, pasarúas, chocolate quente, bolos e castanhas!
As 18h aprox comezam as actuacións e o Pandigueiro chegará directo do Courel sobre as 19:30h.
19:00 h – Actuación de Tarambainas
19:30 h – Ruada co trebón do Berbés
20:00 h – Chegada do Apalpador
Organiza a Coordenadora do Apalpador en Vigo.
Máis
Hora
23 decembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación do Casco Vello
Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes