ASNEVES
REVISTA MAIO

Caspervek: 'O rei dos cowboys' + Expo 'Fronteiras'

21nov12:0019:30Caspervek: 'O rei dos cowboys' + Expo 'Fronteiras'CONCERTOS | 10,00€12:00 - 19:30(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Dobre sesións: 12:00 e 19:00

Caspervek, banda viguesa adicada á composición de música para cine mudo estreará unha nova banda sonora en Vigo o vindeiro domingo día 21 na sala MUTA da cidade olívica. Desta volta a película escollida é “O Rei dos Cowboys”, un dos filmes menos coñecidos da filmografía de Buster Keaton.

A proxección da película estará acompañada pola exposición fotográfica “FRONTEIRAS” coordinada polo colectivo fotográfico Fvck no que case unha trintena de fotografos locais explorarán a temática fronteiriza dende distintos puntos de vista. A exposición contén, entre outros, nomes tan salientables da fotografía pontevedresa como Roberto de la Torre, Raquel Calviño, Blas González, Jorge Lens, Rosa Neutro, Alberte Pereira ou Ramón Vaquero.

“O Rei dos Cowboys” é unha das grandes xoias agochadas da filmografía do xenio da comedia Buster Keaton. Nela, o artista texano constrúe unha comedia de aventuras sobre o eixo
argumental das relacións entre a cidade e o rural e o respecto á natureza e ós animais. O cine-concerto e a exposición terán lugar en dúas sesións (matinal e de tarde) o domingo 21 de Novembro na sala Muta (Rúa de Joaquín Loriga, 9). As entradas xa están dispoñibles nas canles dixitais de venda de Caspervek e a través de Muta.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00 - 19:30(GMT+01:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events