Casa Galega da Cultura
Detalles do eventos
O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da
Detalles do eventos
O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da Princesa que en 1858 anexionou o arquitecto José María Ortíz. Dende esta data o inmoble é de propiedade municipal.
No ano 1978 o Concello trásladase á súa sede actual e o lugar convértese en Casa da Cultura e Biblioteca Pública.
En 1985 o Concello, conforme ao Convenio asinado coa Fundación Penzol, cede a esta os locais necesarios para instalar a súa biblioteca e os seus servizos.
No 1993 o edificio inicia unha reforma, na que se inclúe a anexión do edificio colindante con fronte á Porta do Sol. O 15 de xuño de 1995 inaugúrase co nome de Casa Galega da Cultura.
Na actualidade é a sede da Fundación Penzol e da Bibloteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e un salón de actos cun aforo de 66 persoas.
Enderezo: praza da Princesa, 2. 36202 Vigo
Teléfono: 986 226 459 e 986 220 922.
Fax: 986 229 081
Horario sala de exposicións:
De luns a venres de 18,00 a 21,00 h.
Sábados de 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h.
Domingos e festivos de 12,00 a 14,00 h
Máis
Hora
1 xaneiro, 2021 00:00 - 31 decembro, 2025 23:50(GMT+02:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes