KIKIMORENTE

Guizán corre por un verán en paz para os nenos saharauis

16mar10:00Guizán corre por un verán en paz para os nenos saharauisPEQUERRECHOS | Desde 2,00 €10:00(GMT+01:00) Centro Social e Deportivo de Guizán

Detalles do eventos

A Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui organiza unha carreira solidaria o domingo 16 de marzo na Comunidade de Montes de Guizán, Mos, para recadar cartos para o programa Vacacións en Paz.

Cada verán, desde hai 35 anos, nenos e nenas que viven nos campos de refuxiados saharahuis de Tinduf, son acollidos por familias galegas para pasar un verán en paz. Esta iniciativa promovida por SOGAPS, permite que centos de pequenos poidan escapar das altas temperaturas que se rexistran nos campamentos durante os meses de xullo e agosto. Durante estas vacacións a rapazada achégase a unha realidade diferente e ten acceso a unha boa alimentación e servizos sanitarios que escasean no seu lugar de orixe. Outro obxectivo deste programa é concienciar á sociedade española sobre a realidade que vive o pobo saharaui desde hai cincuenta anos.

A carreira está especialmente dirixida a público infantil e xuvenil. A primeira saída é ás 10:00 h desde o númeri 114 da Estrada ouriño-Sobráns (ao lado do Centro Social e Deportivo de Guizán)

A inscrición ten un custe de 2,00 € os nenos e 5,00 € os adultos, irá destinado a sufragar os gastos do programa Vacacións en Paz. As inscricións nesta carreira solidaria poden realizarse por whatsapp (650 124 693) indicando nome completo, DNI e data de nacemento antes do sábado 15. Os dorsais recolleranse o propio día do evento a partir das nove da mañá.

Categorías:
Pitufos F e M (nados no 2020 en diante): 60m
Sub 8 F e M (nados no 2018 e 2019): 200m
Sub 10 F e M (nados no 2016 e 2017): 500m
Sub 12 F e M (nados no 2014 e 2015): 1km
Sub 14 F e M (nados no 2012 e 2013): 1,5km
Sub 16 F e M (nados no 2010 e 2011): 1,5km
Desde a Sub 18 á Master todos 3km (2 voltas ao circuíto)

Máis

Hora

16 marzo, 2025 10:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Social e Deportivo de Guizán

Estrada Louriño-Sobrans, 114, 36417 Pontevedra

Other Events