RevistaXuño23

16abr10:30Carreira da CereixaACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 8,00€10:30 Centro Cultural de Beade

Carreira da Cereixa

A Carreira da Cereixa conmemora a súa X edición disputándose por primeira vez lonxe da súa data habitual.

A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares “RunRunVigo” do Concello de Vigo, ten prevista a súa celebración o 16 de abril, facendo que os atletas e visitantes descubran o fenómeno natural que se produce cada
primavera na parroquia de Beade coas cerdeiras en pleno florecemento. O evento, que premia a resistencia dos corredores dadas as fortes costas ás que se enfrontan, dará comezo ás 10:30H coa carreira xeral. Conta con categorías que van desde os pitufos ata a F-5 e M-5 e os prezos de inscricición son de 8€ para adultos e de balde para os cativos.

O 16 de abril ás 10:30 horas. Inscríbete aquí.

O circuíto Run Run Vigo 2023 está composto por 12 carreiras de distancia e dificultade variable para poñernos a proba a nós mesmos. A maioría dos eventos, espallados ao longo do ano, agrúpanse en primavera e outono: xullo, agosto e setembro son os únicos meses sen a súa proba deportiva.

LISTA DAS CARREIRAS CO CIRCUÍTO RUN RUN VIGO

  • 29/01 – Subida ao Castro
  • 26/02 – Carreira do Calvario
  • 19/03 – Carreira Popular 10k de Teis
  • 26/03 – Media Maratón Vig-Bay
  • 16/04 – Carreira da Cereixa
  • 17/05 – Carreira Praia de Samil
  • 10/06 – Carreira Nocturna Correndo por Vigo
  • 23/06 – Carreira Nocturna San Xoán
  • 15/10 – Vigo Contra el Cáncer
  • 05/11 – Media Maratón de Vigo
  • 12/11 – Vigo +11
  • 3/12 – Carreira Solidaria Érguete e Corre

Máis

X