REVISTA ABRIL

Carmen

09xuñ20:30CarmenCONCERTOS | 5,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Orquesta Clásica de Vigo pecha a temporada Correspondencias cun concerto para descubrir unha incrible revisión soviética da Carmen de Bizet, realizada polo por Rodión Shchedrin. A cita coa formación é o 9 de xuño, ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo.

Rodión Shchedrin realiza a versión da Suite de Carmen en 1967 baixo o encargo da súa muller, a bailarina do ballet Bolshoi Maya Plisétskaya, e o coreógrafo cubano Alberto Alonso. O soviético é un dos compositores e instrumentadores máis destacados da segunda metade do século XX e na obra buscaba ofrecer unha visión vangardista do clásico, transformando unha ópera fundamental do século XIX nun ballet con sonoridades propias do século XX, sen distorsionar a súa esencia.

A Carmen de Shchedrin é unha obra única que recolle a esencia, forza e xenialidade de Bizet sen renunciar á modernidade e ao tempo propio nun sorprendente exemplo de creatividade, na que as famosas melodías son diseccionadas e reconstruidas de diversas e sorprendentes maneiras. “O ciclo Correspondencias busca mostrar a conexión constante entre artistas e obras de distintos tempos, demostrando a vixencia das pezas clásicas na actualidade. Carmen é un exemplo único e, posiblemente, difícil de repetir na nosa cidade”, comenta Manuel Martínez, director técnico da Clásica.

Sección de percusión ampliada

A principal característica da obra de Shchedrin radica na súa instrumentación. A peza de Shchedrin agocha unha complexa estrutura moderna liderada pola sección de percusión. Así, no concerto da Clásica, un quinteto de percusión asumirá o rol de solista baixo o concepto de sección de percusión ampliada.

O quinteto está formado polos músicos Andra Agra, Carlos Castro, David Rodríguez, Héctor Varela e Pablo Soto, que levarán o peso melódico do concerto empregando ata 47 instrumentos de percusión diferentes que golpearán, axitarán ou rasparán.

Máis

Hora

(Xoves) 20:30(GMT+02:00)