REVISTA NADAL

Cantos de Reis en Tameiga

04xanTodo o díaCantos de Reis en TameigaAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: sábado)(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Asociación do Casco Vello de Vigo e o Territorio Cultural as Pedriñas en Tameiga apostan unha vez máis por preservar a nosa cultura e tradición saíndo a cantar os Reis.

Os cantos de Noiteboa, cantos de Aninovo e cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo da veciñanza, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota.

Esta tradición estase perdendo, como tantas outras manifestacións culturais populares: co esforzo de moita xente anónima, e ao longo dos anos, os cantos e as súas letras fóronse recollendo e recompilando, editando distintos materiais de difusión, discos, creando páxinas web… pero o que é a práctica de ir cantar, de xuntarse, de celebración conxunta coa veciñanza destas datas tan sinaladas… desapareceu practicamente en toda a xeografía galega.

Cantos de Reis no Casco Vello:

A Asociación do Casco Vello saíu o domingo 22 e o sábado 28 de decembro e volve saír este sábado 4 de xaneiro. Partirán ás 17:00 h desde a praza dos Ratos e de aí dirixiranse a praza da Pedra, Porta do Sol e Príncipe, facendo paradas para cantar e bailar.

Cantos de Reis en Tameiga:

O mesmo día, sábado 4 de xaneiro, os veciños e veciñas de Tameiga xuntaranse no CSCD As Pedriñas para comezar a súa ruta polos diferentes barrios da parroquia. Farán unha primeira saída ás 12:30 h e unha segunda ás 16:00 h. Logo, ás 18:30 h, haberá recepción das Súas Maxestades Reais no CSCD As Pedriñas e como colofón ás 20:30 h concerto da Banda de acordeóns metropolitana na Sala Rebullón.

Máis

Hora

4 xaneiro, 2025 Todo o día(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events