CAMELIAS NADAL

Camiño a Camiño Primavera22 - Etapa I Tui-Couso

03abr08:30Camiño a Camiño Primavera22 - Etapa I Tui-CousoACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 2€08:30(GMT+02:00) Praza do Rei

Detalles do eventos

Co arranque do mes de abril, a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vai realizar o camiño histórico entre Tui e Vigo, pasando por algúns espazos de grande interese medioambiental e rememorando a circulación polos camiños tradicionais. 

Tratábanse dos camiños reais ou de carreteiros, moitos deles realizados sobre calzadas romanas, e dende o s.XVIII mantidos pola coroa para “facer camiños rectos e sólidos en España, que faciliten o comercio”. Soían ser máis anchos co resto dos camiños permitindo a circulación de carruaxes. 

Para realizar o camiño Tui-Vigo había dúas opcións: a que se dirixía cara Gondomar e logo proseguía á Ramallosa, e a que se encamiñaba cara Porriño por Herbille. Imos escoller a primeira das opcións cunha necesaria adaptación en tres etapas: a primeira dende as aforas de Tui ata o Miradoiro de San Antoniño (Couso-Gondomar), que circula en parte polo sendeiro do río Tripes -pertence ao entorno do Parque Natural do Monte Aloia-; a segunda dende Gondomar ata o Polígono da Pasaxe en Vincios; e a terceira, dende A Pasaxe ata San Andrés de Comesaña, pasando por Chandebrito.

INSCRICIÓN (150 prazas por paseo, gratuíta)

– Dende luns 29 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de martes a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda

Punto de Encontro:  Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores  AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)

Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:00 (aprox)

Percorrido : 13,8 km; pendente media 8,2%; pendente máxima 33,9%; desnivel 743m/-427m; dificultade alta

*Realizarase unha variante máis curta para quen o estime necesario, de xeito que sobre os 8km nos sairemos da ruta para que nos recollan os autobuses (no trazado ver liña vermella)

Máis

Hora

3 abril, 2022 08:30(GMT+01:00)

Localización

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

Other Events