Camiño a Camiño: Coruxo
Detalles do eventos
Na fin de semana do 10 e 11 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Coruxo e de Saiáns. Esta iniciativa
Detalles do eventos
Na fin de semana do 10 e 11 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Coruxo e de Saiáns. Esta iniciativa forma parte do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
En Coruxo atoparémonos en Fragoselo para dividirnos en dúas rutas. A máis longa dirixirase polo sendeiro local cara ao Parque Forestal de Coruxo e o Maúxo Grande, na cima do monte. A máis curta achegarase máis tranquilamente ata a planta de tratamento de biomasa para logo atallar ata o Outeiro da Raposa. En ámbalas dúas, comprobaremos as consecuencias dos lumes de 2017 e o proceso de rexeneración que se está levando.
SENDEIRO LOCAL DE CORUXO.
Sábado 10 de outubro
Punto de Encontro: Fragoselo (ver GOOGLE MAPS).
Hora de rexistro de entrada: 16:45. Hora de saída: 17:00. Hora finalización 19:15 (aprox)
Percorrido curto: 5,9 km, pendente media 8,2%, dificultade baixa | Percorrido longo: 8,6 km, pendente media 8,5%, dificultade media-alta
Actuación (19:30): Grupo Etnográfico A Buxaina (Música e Baille). A.C. Alalá (Música)
Máis
Hora
10 outubro, 2020 16:45(GMT+01:00)
Localización
Fragoselo (Coruxo)
Carr. Fragoselo, 171 36330 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes