PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Cafés históricos de Vigo

17out20:00Cafés históricos de VigoACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 10,00 €20:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O Ateneo en colaboración con Xavier Castro comunica a celebración dun acto gastronómico-literaro e histórico que terá lugar no Café Vitrivia o martes 17 de outubro de 20 a 22 horas sobre os cafés antiguos de Vigo.

En Vigo, houbo un tempo en que todo o importante se comentaba nos cafés e se non se comentaba nos cafés, é que carecía de verdadeira importancia. Esta cidade contou con magníficos cafés dende o século XIX, que foron esencias para o desenvolvemento da sociedade acomodada e mundana, aínda que as mulleres bateron con dificultades e atrancos notables para poder frecuentalos. Nas tertulias do Suizo, Derby, Alameda -como nos actuais De catro a catro e Vitruvia- falábase de cultura, das vangardas artísticas, do moderno jazz e (antano) dos problemas dun parsimonioso ferrocarril para levar o peixe en vagóns refrixerados de xeito que chegara a Madrid en boas condicións. Este será o eixo temático do evento sobre viño e cultura que conducirá o historiador Xavier Castro.

Levarase a cabo tamén, dun xeito ameno, un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño, entreverado todo isto coa proxección de música e pezas audiovisuais.

Entradas: 12,00 € con viño e petiscos decalidade. O prezo especial para socios do Ateneo é de 10,00 €. É preciso inscrición previa no propio café, no telf 645 99 66 90 ou no correo info@vitruviacafe.com

Máis

Hora

17 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events