REVISTA ABRIL

Broa + Dioivo

08mai19:00Broa + DioivoCONCERTOS | Entradas esgotadas19:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Broa é un potente “Power-trío” galego presentando actualmente o seu primeiro traballo, “Cucú”, enfornado a lume moi lento durante os últimos 4 anos. 11 cortes, gravados en Cimática Studio, nos que os de Cerceda despregan unha interesante mestura do grávido do Stoner ou do New-Metal co vertixinoso do Punk e o Hardcore onde as melodías pop atopan refuxio. Músicos como Jasper de NAO e MoudaFaka de AltoAsalto colaboran e apadriñan este disco en sendas pezas.

Dioivo é un dúo de metal extremo fundado en Vigo en 2016. Naceu poñendo música ao poema de Rosalía de Castro ‘Sempre pola morte esperas’, co gallo dun concurso que conmemoraba o 179 aniversario da autora.  Neste primeiro disco, de media hora de duración, incorporan varios interludios de guitarra clásica, trazo que se convertirá en parte clave do son do grupo. Co disco baixo o brazo, Dioivo comezou a tocar por salas de toda Galicia, e mesmo na localidade vasca de Amurrio xunto a Nakkiga, ou en Segovia xunto a Mortal Maze. En 2020, reeditan Dioivo I. Agora mesmo, están en proceso de lanzamento do seu vindeiro EP, Dioivo III, que verá a luz o ano 2021 editado, de novo, por Darkwoods.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events