bannerVialia

xullo, 2021

Este é un evento repetitivo

17xul20:00BONUS DANCE - 3 SOLOS DE DANZAESPECTÁCULOS | Desde 10.00€20:00 Sala Ártika

Detalles do eventos

A Sala Ártika programa durante este fin de semana tres solos de danza de tres bailaríns. María Llanderas, Clara Ferrao Diz e Juan Cid presentan as súas propostas independentes.

A IDEA PRIMARIA É ESNAQUIZALO A CABEZADAS, de María Llanderas:

“A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas abraza o espírito inconforme de Xela Arias e o seu pulo por facer da poesía unha arma viva. Xela escribiu poemas como quen xoga a quitar pezas dunha torre, comprobando cantas pode retirar sen que caia. É nese lugar precario onde nos colocamos, recollendo o seu impulso de experimentación e poñendo en diálogo poesía, artes performativas e artes do movemento. Alí onde ‘non hai idioma abondo para recoñecérmonos’ poñemos o corpo ao servizo das súas imaxes e abrazamos as imposibilidades e contradicións que xorden deste encontro.”

MIÑA XOIA de Clara Ferão Diz:

“Un corpo, unha vibración, un croque, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”

SOLEDAD SOLEADA, de Juan Cid:

“Coma un instante, un día ou unha mañá efímera, as etapas deste longo percorrido confrontanse, xogando a ser un espexismo cambiante pola cal se va deixando caer o corpo. Corpo que á vez é espello doutros corpos ou a imaxe dun fantasma que habita entre pensamentos”.

Entradas e máis información en: https://www.artikavigo.com/i-cdam-bonus-dance_ev3724.html

Máis

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X