
Detalles do eventos
Big Jump Park, o parque de inchables máis grande de Europa, chega a Vigo desde o 4 de decembro ata o 9 de xaneiro de 2022.
Big Jump Park
Big Jump Park, o parque de inchables máis grande de Europa, chega a Vigo desde o 4 de decembro ata o 9 de xaneiro de 2022.
Preparádevos para vivir unha experiencia única en Big Jump Park: tobogáns xigantes, piscinas de bólas, inchables de escalada, carreiras de obstáculos, food trucks, e moito máis. Un espazo pensado para todas as idades onde saltaredes, rubiredes e faredes unhas carreiras de obstáculos trepidantes.
PREZO:
- Ticket normal (a partir de 6 anos): 1h 10€; 1/2h 5€
- Infantil (de 4 a 5 anos): 1h 8€; 1/2h 4€
- Acompañante para nenos: 1h 6€; 1/2h 3€
- Sénior (+65 anos): 1h 8€; 1/2h 4€
- Familia numerosa: 1h 8€; 1/2h 4€
- Persoa con discapacidade (33% ou máis, inclúe acceso gratuito para un acompañante): 1h 4€; 1/2h de balde
HORARIO:
- Do 4 ao 22 de decembro:
- De luns a venres de 17:00 a 22:00 horas
- Venres, sábado e domingo de 11:00 a 22:00 horas.
- Do 18 de decembro ao 9 de xaneiro: De luns a domingo de 11:00 a 22:00 horas
Entradas á venda a través da web www.big-jump-park.com
Máis
Hora
Decembro 4 (Sábado) 11:00 - Xaneiro 9 (Domingo) 22:00
Localización
Avenida Castelao
Avenida Castelao