CAMELIAS MASCOTAS

Beret

30ago22:00BeretCONCERTOS | 10,00€22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O concerto do artista sevillano Beret (inicialmente programado para o sábado 5 de agosto e posposto ao mércores 30 ) ás 22:00) será o último concerto deste verán no auditorio de Castrelos.

O seu estilo musical caracterízase por unha fusión de xéneros como o rap, pop, reggae e trap. As súas cancións abordan temas como o amor, a amizade, a mocidade e a sociedade, e destácanse polas súas letras emotivas e sinceras, que conectan coa audiencia de maneira profunda.

Unha das cancións que catapultó a Beret á fama foi “Lo siento”, lanzada en 2017, que conta con máis de 500 millóns de reproducións en Youtube. Esta canción converteuse nun himno para os mozos que se identifican coa súa letra e o seu estilo musical fresco e auténtico. Desde entón, Beret lanzou unha serie de éxitos como “Vuelve”, “Vas a Ver”, “Esencial” e “Te echo de menos”, que consolidaron a súa posición como un dos artistas máis destacados da música urbana en España.

Foi galardoado con varios premios, incluídos dous Premios Dial, un Premio Los40 Music Awards e un Premio Billboard da Música Latina. Ademais, realizou colaboracións con artistas recoñecidos como Pablo Alborán, Aitana, Morat e Sofía Reyes, entre outros, o que ampliou o seu alcance internacional.

Entradas

As entradas póñense á venda o xoves 24 de agosto tanto de maneira presencial como online.

Poranse á venda 2.500 tickets de 9:30 h a 13:00 h da mañá, 1.250 a través da web vigoenfestas.com en outras tantas na billeteira do Auditorio do Concello na praza do Rei.

A distribución será a mesma para as 2.5000 que se porán á venda na quenda de tarde entre as 16:30 e as 20:30 h .

As entradas para o ver a Beret custan 10,00 €.

Máis

Hora

30 agosto, 2023 22:00(GMT+01:00)