Belén Napolitano
17novTodo o día06xanBelén NapolitanoAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Casa das Artes
Detalles do eventos
O Belén Napolitano mostra a tradición dos mellores artesáns que hoxe en día continúan con esta secular forma de representar o Nadal propio do barroco
Detalles do eventos
O Belén Napolitano mostra a tradición dos mellores artesáns que hoxe en día continúan con esta secular forma de representar o Nadal propio do barroco italiano.
A riqueza artística e técnica do “presepe napoletano” permítenos descubrir un fenómeno cultural de fama internacional que nos achega á iconografía do Nadal cristián, a vida cotiá, as lendas e os costumes.
O Belén fusiona o espírito e o retrato social co entretemento da nobreza a través de escenas cargadas de simbolismo. Ademais, fai unha referencia especial patrimonio e á cultura de Vigo que toman protagonismo xunto á Sagrada Familia, campesiños, pastores, esmoleiros, burgueses e o cortexo dos Reis Magos.
Unha experiencia para todas as idades creada para ser gozada con todos os sentidos.
Horario:
Do 17 de novembro 2024 ao 6 de xaneiro 2025
- Luns a xoves de 17:00 a 21:30 horas.
- Venres de 11:00 a 14:00 horas e de 17.00 a 21:30 horas
- Sábados, domingos, festivos e vísperas de festivos de 11:00 a 21:30 horas
Horarios especiais:
- 24 / 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00 a 19:00 horas
- 25 de decembro e 1 / 6 de xaneiro de 17:00 a 21:30 horas
Acceso gratuíto
Máis
Hora
17 novembro, 2024 - 6 xaneiro, 2025 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Casa das Artes
Policarpo Sanz, 15, Vigo
Séguenos nas redes