REVISTA ABRIL

Belén Monumental da Casa das Artes

25novTodo o día06xanBelén Monumental da Casa das ArtesAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

O venres 25 de novembro volve un dos emblemas máis clásicos e atractivos do Nadal vigués, o Belén Monumental da Casa das Artes, que este ano leva por título ‘Naceu en Belén’.

A mostra, con luz, música e ambientación, traslada ao visitante á noite na que naceu Xesús e fala dos costumes, oficios, arquitecturas e paisaxes da Xudea de Herodes O Grande no século I. Mais, como é habitual, a representación tomarase algunhas licencias para introducir elementos locais da cidade, pois o patrimonio de Vigo e a cultura popular galega intégranse nalgunas escenas para sentir coma propios aqueles instantes que viviron con profunda emoción os pastores e os Magos de Oriente.

A exposición está formada por case 200 figuras e ocupa máis de 200 metros cadrados no edificio da rúa Policarpo Sanz. Foi elaborada pola Agrupación Belenista La Morana e modelada polo escultor José Luis Mayo Lebrija, un dos belenistas máis prestixiosos de España.

O belén pode visitarse desde o 25 de novembro ata o 6 de xaneiro, de maneira gratuíta e, adicionalmente, poden reservarse visitas guiadas chamando ao 697 430 483.

HORARIO

  • De luns a xoves: de 17.00 a 21.30 horas
  • Venres: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas
  • Sábados, domingos, festivos e vésperas: 11:00 a 21.30 horas.
  • 24 e 31 de decembro: de 11.00 a 19.00 horas
  • 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro: de 17.00 a 21.30 horas

Máis

Hora

Novembro 25 (Venres) - Xaneiro 6 (Venres)(GMT+01:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events