Beiramar da Xente: exposición e proxección
Detalles do eventos
As asociacións e colectivos A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas das
Detalles do eventos
As asociacións e colectivos A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas das Árbores Vigo, Asociación Cultural Vila de Bouzas, C.S. A Revolta, Vigo Baleiro e Newt Crafts presentan unha nova proposta de #BeiramarDaXente, un espazo no que buscan traballar para a posta en valor e conservación do patrimonio industrial dos nosos barrios.
Esta semana queren abrir o debate sobre o cambio de usos da avenida de Beiramar anunciado por Autoridade Portuaria e Concello, que pretende derrubar un dos polígonos industriais históricamente máis importantes da cidade para a construción de pisos de luxo, portos deportivos e chiringuitos.
Paralelamente queren convidar á cidadanía á presentación dos tres primeiros capítulos de Memoria dunha Cidade Industrial, unha iniciativa que busca ser un retrato do desenvolvemento industrial de Vigo na última metade do século XX, visibilizando os principais fitos da súa historia máis recente a través da voz das súas protagonistas anónimas.
As actividades terán lugar o venres e sábado no local de eventos de As Cunchas (Rúa Tomás Alonso, 121)
Máis
Hora
25 outubro, 2024 19:30 - 26 outubro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
As Cunchas
Rúa Tomás Alonso 117
Séguenos nas redes