VialiaVigo

decembro, 2020

26dec17:30“Beben C@ntan” de Pablo DíazPEQUERRECHOS | De balde17:30 Museo do Mar

Detalles do eventos

En Beben C@ntan Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

No Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”: sábado 26 decembro 2020 ás 12:00 h

No Museo do Mar de Galicia: sábado 26 decembro 2020 ás 17:30 h

É preciso reservar previamente en info.museodomar@xunta.es

Máis

Hora

(Sábado) 17:30

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X