REVISTA ABRIL

Batalla de DJs Swing

25mar21:00Batalla de DJs SwingCONCERTOS | 3€21:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Volve a gran batalla de DJs de Swing On, esta vez na Sala Kominsky. Unha festa swing na que se decidirá quen é a mellor DJ de Swing do 2023. Para participar como DJ tes que enviar as túas 3 cancións de swing favoritas para bailar ao equipo de Swing On. Entre todas as aspirantes, 4 persoas serán seleccionadas polo xurado de Swing On para poñer a música nesta festa swing do venres 25 de marzo. Desas 4 persoas seleccionadas 2 chegarán á gran final, onde ou aplauso do público determinará quen é a persoa vencedora que se converterá na mellor DJ de Swing de 2023. A festa é aberta a todo o mundo e podes ir botar uns bailes ou escoitar boa música mentres tomas algo nun ambiente súper agradable.

Sábado 25 de 21:00h a 00:00h na Sala Kominsky.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events