CAMELIAS MASCOTAS

BASEMENT SAINTS

03mai22:00BASEMENT SAINTSCONCERTOS | Desde 13,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Trío de rock á vella usanza formado por un sudafricano, un suízo e un austríaco. Comezaron en 2012, tocando nun soto para evadirse dos seus traballos a xornada completa. Co tempo a música foi aumentando en importancia ata chegar a converterse no seu xeito de gañar a vida.

Este venres 3 de maio ás 22 horas, Basement Saints desembarca na sala Rebullón directamente desde Suíza, única parada en Galicia na súa xira europea. As entradas poden adquirise desde 13 euros máis gastos de xestión en anticipada, online e na cantina do centro social As Pedriñas; na porta, o prezo será de 15 euros.

Basement Saints (vídeos) son rock ‘n’ roll fresco e setenteiro, cun toque de blues e paixón polos riffs de guitarra enérxicos e os ritmos contundentes. Sen dúbida, os suízos evocan recordos do mellor rock dos anos 70 grazas ás súas voces distintivas, pero ao tempo manteñen un son actual que remite a bandas como Rival Sons, Dewolff, The Sheepdogs, Blues Pills ou Dirty Honey.

Posiblemente o maior activo dos Basement Saints sexa un directo atronador, diverso e épico, con momentos psicodélicos e concertos potentes que deixan pegada no público, como seguro acontecerá este venres cos espectadores que se acheguen á Rebullón.

Basement Saints comezaron inicialmente tocando como dúo no 2012. Dous anos despois, a banda completouse cun batería e lanzou o seu primeiro EP, “Free Souls”, creado a partir dos riffs, ritmos e letras recompilados durante os seus primeiros ensaios. A canción “Brother” inmediatamente sonou en todo o mundo e utilizouse como avance promocional dun xogo da consola X-Box.

O seu primeiro álbum, “Get Ready”, foi lanzado no 2016 baixo o selo Black Pike Favourites e Wanted Men Records, e abriulle moitas portas á banda. Ao ano seguinte, Basement Saints realizou unha xira por Alemaña e España, e tocaron no Festival de Jazz de Montreux. No 2017 editaron o seu segundo álbum, “Bohemian Boogie”, amosando unha orixinal e auténtica mistura de rock dos 70’s.

Logo dunha década de composicións e directos enérxicos, no 2021, tras unha nova formación da banda, publicaron o seu terceiro traballo, “Stimulation”, co que deu comezou unha nova era para a banda. Desde entón, Basement Saints non fixo máis que crecer, sempre coa base do seu son de rock ‘n’ roll e rock sureño.

Agora, en pleno 2024, están novamente de xira por Europa, con varios concertos programados en España (Valladolid, Leon, Castellón, Santander…), mais só unha oportunidade en Galicia de gozar do directo dos suízos: este venres, 3 de maio, ás 22 horas na sala Rebullón.

Entradas

Máis

Hora

3 maio, 2024 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events