REVISTA ABRIL

Baldo Martínez & Nani García Cuarteto

29dec21:00Baldo Martínez & Nani García CuartetoCONCERTOS | Desde 6,00€21:00(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O contrabaixista Baldo Martínez é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo europeo involucrado en diferentes proxectos, algúns transfronteirizos como o ‘Cuarteto Europa’.

Nani García é pianista e compositor musical cun amplo repertorio en obras de jazz, bandas sonoras de cinema e teatro, producións audiovisuais, etc. Tamén participou en diferentes proxectos como o grupo ‘Clunia’ xunto a Baldo Martínez.

Acompañando a estes dous músicos, completando unha formación de cuarteto, estarán o novo saxofonista alto Lois Rivera e o baterista Miguel Cabana. Ambos tamén participan en diferentes proxectos con músicos de aquí e alá.

Xuntos, estes catro músicos estarán en Vitruvia o 29 de decembro para poñer fin ao grande ao calendario de concertos deste ano que termina.

Xoves 29 ás 21:00

Entradas nas primeiras filas por 12€, en zona de visión reducida 6€

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events