CAMELIAS NADAL

XII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

27out11:00XII Carreira Solidaria pola Esclerose MúltipleACTIVIDADES DEPORTIVAS | -11:00(GMT+01:00) Praza Suárez Llanos, Bouzas

Detalles do eventos

As inscricións da XII Carrera Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’ xa están abertas. O evento deportivo organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) volve a Bouzas o próximo 27 de outubro ás 11:00 horas na Alameda Suárez Llanos. O rexistro de participantes pode realizarse ata o próximo 23 de outubro premendo aquí.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple chama á participación social na nova edición da súa carreira solidaria, repetindo a fórmula tradicional da súa proba en modalidade presencial: dúas carreiras cronometradas de 5K e 10K e unha ‘andaina’ de 5K. A saída e a meta da XII Carrera Solidaria pola Escleroses Múltiple estarán situadas na Alameda Suárez Llanos e percorrerá as rúas Pescadores, Eduardo Cabello, Av. Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso; sumando unha distancia total de cinco quilómetros. A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, contará con dúas modalidades opcionais: 5K (unha volta ao percorrido) e 10K (dúas voltas ao percorrido). Ademais, o evento tamén ofrece unha ‘andaina’ de 5K sen límite de idade na que poderán participar menores acompañados dun adulto e todas aquelas persoas que opten por facer o percorrido andando.

Doutra banda, AVEMPO tamén habilitou un ‘Dorsal 0’ solidario para todas as persoas que, sen participar na carreira, queiran colaborar coa causa. Todos os fondos recadados en calquera das modalidades irán destinados ao mantemento dos servizos que a asociación ofrece na súa sede ás persoas con Esclerose Múltiple e os seus familiares.

UNHA ROSA DOS VENTOS PARA GUIAR O CAMIÑO

Todas as persoas rexistradas en calquera das modalidades do evento, incluído o ‘Dorsal 0 solidario’, poderán adquirir a camiseta co deseño oficial da carreira deste ano, protagonizado por unha rosa dos ventos especial para guiar o camiño de todas aspersoas que se moven e loitan pola Esclerose Múltiple. As tallas de camisetas poderán reservarse ao facer a inscrición antes do próximo 15 de outubro. Posteriormente, poderán conseguirse as tallas remanentes coa recollida de dorsais. Toda a información do ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’ será actualizada a través da web habilitada por AVEMPO para a carreira e nas redes sociais oficiais da proba deportiva en Twitter, Facebook e Instagram con en hashtag #EuMóvome24. O evento converteuse nun piar importante para o mantemento dos servizos que ofrece a asociación. Tras moito tempo de loita, a redución de axudas que sufrimos nos últimos anos fai que a participación social e solidaria sexa máis importante e necesaria que nunca. Coa carreira, AVEMPO busca tamén difundir o labor que fai a asociación e sensibilizar á sociedade coa Esclerose Múltiple, unha enfermidade para a que aínda non existe cura e que afecta cada vez máis á xente nova.

Máis

Hora

27 outubro, 2024 11:00(GMT+01:00)

Localización

Praza Suárez Llanos, Bouzas

Alameda Suárez Llanos 36208 Vigo Pontevedra

Other Events