
30out12:30As Matinés: BalthazarCONCERTOS | Desde 16,00€12:30 Pazo da Cultura de Pontevedra
Detalles do eventos
O quinteto belga lanzou o seu primeiro disco en 2010, ‘Applause’, e desde entón non pararon de sacar nova música e realizar xiras por todo o mundo.
As Matinés: Balthazar
O quinteto belga lanzou o seu primeiro disco en 2010, ‘Applause’, e desde entón non pararon de sacar nova música e realizar xiras por todo o mundo.
Este ano volven aos escenarios co seu novo álbum ‘Sand’, un disco sedutor, elegante, sexy, que consolida o status que gañara o grupo dentro do soul-pop alternativo. Un novo traballo único na forma en que combina o pop minimamente arranxado coa elegante electrónica e os ritmos sofisticados.
Inmediatamente despois de ‘Fever’ -unha colección cálida e sinuosa de cancións cheas de groovies sureños- este novo disco avanza cara a novas direccións, audaces e emocionantee, no que fan bo uso da súa experiencia, trazando unha paisaxe sonora cinematográfica e fluída para que as súas cancións ardan. ‘Sand’ marca varias primicias para eles, unha banda que volve soar tan fresca e enérxica como o fixeron antes, en 2010, cando o seu debut cativou á crítica e ao público por igual.
Máis

(Sábado) 12:30
Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO