
Detalles do eventos
A EMAO acolle a película documental ‘Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella‘ dirixida por Federico A. Rioboo sobre a zanfona, vista desde a óptica
'Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella'
A EMAO acolle a película documental ‘Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella‘ dirixida por Federico A. Rioboo sobre a zanfona, vista desde a óptica dun dos pioneiros que en Galiza volveu empregar o instrumento nos palcos e nos discos, nos que traballou desde os anos setenta.
A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.
Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Venres 24 ás 19:00 na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Entrada libre ata completar aforo
Máis

(Venres) 19:00