(A)pegadas: Diego del Río presenta 'Ras al Hanout'
Detalles do eventos
‘(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe’ é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección
Detalles do eventos
‘(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe’ é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea.
Cada mes, un artista fará a montaxe final da súa obra en público e, sobre todo, disertará sobre aspectos do seu proceso creativo dende o momento en que descubre o museo ata a idea xeradora da obra nun diálogo entre antigüidade e modernidade.
Diego del Río, presentará “Ras al Hanout II” na Sala da Luz do museo, intervención na que reinterpreta o tratamento dos materiais orgánicos e naturais, a súa utilidade, características e capacidades mediante a pintura matérica tridimensional e expandida, adaptada ao espazo e ao discuros expositivo. Estará acompañado da comisaria da exposición Alexandra R. Rey, creadora e coordinadora do proxecto e interlocutora entre as/os artistas e o museo.
Ese mesmo día 13, subirán ao blog do Museo Liste un vídeo co proceso de montaxe da obra e unha entrevista a Diego del Río.
Máis
Hora
13 abril, 2021 10:00(GMT+02:00)
Localización
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes