CAMELIAS MASCOTAS

'Antón, un neno diferente', a máxica obra de Barafunda que fala de migracións, diversidade e amor

30set19:00'Antón, un neno diferente', a máxica obra de Barafunda que fala de migracións, diversidade e amorPEQUERRECHOS | 10,00€19:00(GMT+02:00) Auditorio do Centro Cívico de Teis

Detalles do eventos

Antón é un espectáculo multidisciplinar creado pola compañía viguesa de teatro e animación Barafunda e Luar Teatro, dirixido a público infantil. Combina diversas técnicas de monicreques (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) con recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.

A través dunha historia fantástica, tocar temas como a migración forzosa e os efectos do acoso, destacando a importancia de valores coma a tolerancia, o amor e o respecto cara a diversidade e, sobre todo, a valentía, para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos plantexemos.

Sinopse:

Antón é un neno diferente, distinto físicamente dos veciños do seu pobo, que se burlan e lle botan a culpa de todo o malo que acontece. Certo día unha epidemia de variola contaxia a todos os habitantes menos a Antón; así que deciden expulsalo do pobo co fin de liberarse desa “maldición”.

Antón no seu exilio atopa a Uxío, un mago quen lle concederá un desexo a cambio de axuda para conseguir uns misteriosos ingredientes que precisa para crear unha pócema máxica e así desfacerse do seu feitizo. Antón accede a axudalo, comezando aquí unha emocionante aventura que o levará a descubrir lugares sorprendentes e a coñecer personaxes da mitoloxía galega tan curiosas como a Coca, a Maruxaina, os Demos e Biosbardos…

Con todo, conseguirá Antón o que máis desexa?

Entradas: Nenos 5,00 € e adultos 10,00€ en Ataquilla

Máis

Hora

30 setembro, 2023 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Centro Cívico de Teis

Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events