BANNER PLAYDOC

10mai21:00ANTIFRÁGILCONCERTOS | Desde 9,00 €21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Radar Estudios acolle un concerto de Antifrágil, unha banda viguesa que bebe do rock alternativo dos anos 90, o grunge, a psicodelia e o pop de autor. Cunha posta en escena emocional e intensa, este grupo consolidouse como unha das propostas máis honestas e sólidas do panorama emerxente galego. O seu directo destaca polo uso de dinámicas, texturas e colaboracións que reforzan a súa mensaxe.

Tras un comezo de ano con novos lanzamentos e concertos intensos, Antifrágil volve a casa para ofrecer un directo especial. O evento promete ser unha noite única para a banda e o seu público, cun repertorio que repasa a súa traxectoria máis recente, novos temas e versións en directo que cobran unha nova dimensión sobre o escenario.

A banda, que estivo de xira nos últimos meses, preparou unha posta en escena renovada para a ocasión, con artistas locais que colaborarán como invitados en temas seleccionados.

“Queríamos que este concerto non fóra só un máis, senón unha celebración do que somos. Xogamos na casa, e queremos facelo acompañados doutros músicos que admiramos’, explican desde Antifrágil.

A banda contará coa colaboración de diferentes artistas: David Mr. D (Moon Cresta), Eladio Santos, Treintañeras Cañeras, Anxo (La Casa de los Ingleses), Adrián Timms, Gael (Inerttes) e Rosalía (Nao d’Ire). Contarán tamén co artista Marcos Miguez Puhinger, que pintará en directo durante o evento.

ENTRADAS AQUÍ.

Máis

Hora

10 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events