bannerLetrasGalegas
bannerRevistaOnline

maio, 2021

14mai20:00Antes de que llegue la bestiaESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

Detalles do eventos

A peza enmárcase no contexto Canchales; unha iniciativa de investigación escénica promovida en 2016 pola Compañía Ensalle, na cal, convídase a creadores da escena contemporánea a participar nos procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e profundar en ideas desde distintas perspectivas. Para este novo traballo, contouse coa colaboración artística de Terrorismo de autor (colectivo audiovisual), Antoine Forgeron (iluminador, Dir. Técnico) e Sergi Fäustino (bailarín, creador) no proceso de creación. Tamén co apoio do AGADIC, Xunta de Galicia na produción.

Bestia é a palabra chave da peza. A Bestia política e económica, a Bestia social, o que deixou a Bestia nos nosos corpos, a miña propia Bestia. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á Bestia, como podemos destruír a evidencia.
Bailar a golpes, militar palabras, a acción como rastro do posible, camiñar igual de fronte que de costas, aullar. Pequenas revelacións ou presentimentos.

Venres 14 ás 20:00
Sábado 15 ás 20:00
Domingo 16 ás 20:00

Máis

X