REVISTA ABRIL

Ancestros tecnolóxicos invisibles, algúns exemplos

15xul12:00Ancestros tecnolóxicos invisibles, algúns exemplosACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

O próximo venres 15 de xullo, o Museo Liste acolle unha nova Xornada para a Comunicación que, baixo o título “Ancestros tecnolóxicos invisibles, algúns exemplos”, será impartida por Miguel Ángel Sebastián, Catedrático de Enxeñería de Construción e Fabricación da ETS de Enxeñeiros Industriais da UNED.

Miguel Ángel Sebastián, Catedrático de Enxeñería de Construción e Fabricación da ETS de Enxeñeiros Industriais da UNED na área de Coñecemento de Proxectos de Enxeñería, presenta unha nova proposta dentro das Xornadas de Comunicación do Museo Liste Etnográfico de Vigo, baixo o título : Ancestros tecnolóxicos invisibles, algúns exemplos A exposición “Ancestros Tecnolóxicos” constitúe un catalizador para recuperar parte do noso pasado inmediato en áreas próximas e cotiás. Por un lado, elementos tecnolóxicos cuxa evolución adoita non ser prezada e, por outro, solucións técnicas ancestrais que continúan a ser eficaces. O principal obxectivo da conferencia é traer á consciencia colectiva este aparente paradoxo a través de exemplos emblemáticos e promover a reflexión e o debate.

Máis

Hora

(Venres) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events