REVISTA ABRIL

Amythology, tributo a Amy Winehouse

05abr23:00Amythology, tributo a Amy WinehouseCONCERTOS | De balde23:00(GMT+02:00) Reverb

Detalles do eventos

AMYTHOLOGY nace do desexo de render homenaxe a Amy Winehouse. Capaz de conxugar o son e esencia do soul-jazz vocal clásico cunha linguaxe e enfoque contemporáneo, Amy Whinehouse logrou poñer de acordo a crítica e público nun aplauso unánime. As cancións que integran o seu repertorio, poden ser consideradas xa como clásicos da música negra de todos os tempos. AMYTHOLOGY é un grupo tributo, formado en Madrid en 2015, que interpreta de maneira fiel e honesta -aínda que evitando a pura imitación superficial- o legado de Amy Winehouse. A banda, de oito compoñentes, respecta a instrumentación e repertorio que a artista británica ofrecía en directo. Amythology está formado por músicos con amplo percorrido no panorama musical madrileño, con experiencia en bandas como Cromática Pistona, The Groovin’ Flamingos, Skalone ou Sunnare, entre outras.

Errukine Olaziregi VOZ * Daniel Cabrera GUITARRA * Félix García BATERÍA Juan Barroso BAIXO * Pablo Ros TECLADO * Rosa Verdugo TROMPETA Javier García SAXO TENOR * Costanzo Laini SAXO BARÍTONO

O mércores 5 ás 23:00 horas na Sala Reverb, entrada libre.

Máis

Hora

(Mércores) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Reverb

Rúa do Areal, 14

Other Events