VIALIA
GNIGHT

Alfonso Medela Trío

26xuñ20:30Alfonso Medela TríoCONCERTOS | -20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Víctor Young escribiu esta canción para os créditos iniciais da película “My Foolish Heart” de 1949. O éxito desta composición foi inmediato e hoxe forma parte do repertorio tradicional de estándares do jazz.

Este mércores 26 de xuño ás 20:30, regresa a Vitruvia Alfonso Medela Trío. Non sabemos se gozaremos deste clásico da música popular norteamericana ou se volveremos deleitarnos con “Caravan” de Duke Ellington ou “Crepuscule with Nellie” de Thelonius Monk. Será unha sorpresa que, como na película de Mark Robson protagonizada por Dana Andrews e Susan Hayward hai xa tantos anos, volverá tolo o noso corazón.

E será jazz clásico, co seu ritmo, o seu virtuosismo e a improvisación obrigada. Será tamén jazz para todos, mesmo para aqueles que o seu corazón aínda non perdeu a cabeza con esta música universal. Valerá a pena gozalo aínda que a calor aperte.

Máis

Hora

26 xuño, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events